Concello de Narón
Novas
MÁIS DE DUASCENTAS ENTRADAS VENDIDAS NA PRIMEIRA XORNADA PARA O PARTIDO DAS SELECCIÓNS DE ESPAÑA E EXIPTO DE FÚTBOL SALA
A cita deportiva terá lugar o 29 de xullo, a partir das 21.30 horas, no pavillón polideportivo da Gándara
Narón, 26 de xullo de 2016. As entradas para o partido das seleccións nacionais de fútbol sala de España e Exipto puxéronse á venta o 26 de xullo pola mañá. Así o anunciou o concelleiro de Deportes, Román Romero, que recordou que teñen un prezo de de dez euros para maiores de doce anos e de cinco euros para o resto. O partido terá lugar o día 29 de xullo nas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara, ás 21.30 horas, media hora máis tarde do previsto inicialmente. As entradas poden adquirirse de xeito anticipado ata o vindeiro día 29, en horario de 10.00 a 13.00 nas oficinas do Cidade de Narón FS (pavillón polideportivo da Gándara) e na delegación ferrolá da Federación Galega de Fútbol (na rúa Venezuela, en Ferrol). A venta tamén se realizará o día do partido a partir das 19.30 horas, ata completar o aforo, de mil persoas. Ao longo desta mañá vendéronse algo máis de duascentas entradas, tal e como indicaron desde o Club Cidade de Narón. A Real Federación Española de Fútbol e a Federación Galega de Fútbol organizan este evento, que conta coa colaboración do Padroado de Deportes do Concello de Narón. O partido será un dos dous amistosos que se programaron na comunidade galega con motivo dos preparatorios da selección nacional de fútbol sala de cara ao Mundial de Colombia, que terá lugar do 10 de setembro ao 1 de outubro.
www.naron.es